
| Data de construción |
Séculos XII e XVIII. |
---|
Descricion |
Igrexa de estilo románico de finais do século XII. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, da que sobresae unha ábsida rectangular. No interior o espazo entre a nave e o presbiterio resólvese mediante un arco triunfal apuntado, sobre dous semicolumnas de fuste curto e capiteis ornamentados con entrelazados, volutas e debuxos. No exterior destacan dos seus muros os contrafortes e as seteiras. A fachada principal foi reconstruída no século XVIII. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorTROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (11-03-2021) www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (02-12-2022) |
|