Inventario de Campás

Igrexa de Santiago de Ois - COIRÓS (GALICIA)

(Referencia: 12501)
Lugar do Casal, 21
15316 COIRÓS

Data de construción Século XII.
Descricion Igrexa románica de finais do século XII, composta dunha soa nave e ábsida rectangular ao que se accede a través dun arco triunfal de medio punto sobre semicolumnas adousadas. Ten unha sancristía apegada ó muro lateral norte da ábsida. Os muros son de apoio continuo de cantería cunha saeteira en cada lado. A cuberta é a dúas augas na nave e a tres na sancristía. A cubrición realízase con tella curva do país sobre estrutura de madeira. Na cornixa mantén os canzoriños románicos, un deles con forma humana, e sobre os piñóns dos testeiros dúas cruces de pedra de tipo xeométrico. No muro lateral sur, hai outro acceso pero esta está tapiada.
A fachada é de traza sinxela seguendo un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai un fornelo cunha imaxe de Santiago Apóstolo. Rompendo o vértice do pentágono e flanqueado por dous pináculos, sitúase unha base para unha espadana barroca de dous ocos. O primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun oco en arco de medio punto e coroado cun pináculo e unha cruz sinxela de forxa.Este segundo corpo está flanqueado por outros dous pináculos.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (27-02-2018)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (06-10-2021)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 10-11-2022

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.RIVERA, CAMPANAS20145072
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19515596

  • Ficha reducida (PDF)
  • COIRÓS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 27-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 41 Visitants: 40 Usuaris: 1 - francesc