Inventario de Campás

Igrexa de San Silvestre de Veiga - CULLEREDO (GALICIA)

(Referencia: 12469)
Peiro de Arriba, s/n.
15199 CULLEREDO


Data de construción Século XVIII-XX.
Descricion A igrexa presenta unha planta con tres corpos: unha nave rectangular, ábsida tamén rectangular e a sancristía apegada ó muro sur dende a metade da nave ata a ábsida, estes de menor altura cá nave. Neste muro, e apegada a sancristía, tamén posúe unha porta menor de acceso, protexida cun pequeno cuberto. A cuberta é a dúas augas con tella curva do país.
A súa fachada de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada que sobresae lixeiramente do plano da fachada. Sobre o ingreso vai unha xanela cadrada que tamén sobresae lixeiramente do plano da fachada. Enriba do marco da xanela ten unha pedra cunha inscrición que di: “R A 1910”. Rompendo o vértice da fachada vai a base para unha espadana dun corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven pra aloxa-las campás. Remata o conxunto unha cornixa moldurada cun acroterio seguido dun capitel troncopiramidal que soporta unha cruz octogonal cos brazos con remates florenzados e flanqueado por uns pináculos piramidais.
A igrexa foi construída no século XVIII, en torno a 1760-1770, e a súa fachada foi remodelada no ano 1910, tendo a pedra á vista composta de cantería irregular e cachotería e, como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 camnpás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (25-01-2018)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (20-10-2022)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 20-10-2022

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19704346
    EspadanaMaior.SERNA, JOSÉ FRANCISCO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)18265177

  • Ficha reducida (PDF)
  • CULLEREDO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 27-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 40 Visitants: 40 Usuaris: 0