| Data de construción |
Século XVIII. |
---|
Descricion |
Igrexa de mediados do século XVIII de planta rectangular con dous corpos de diferente tamaño acaroado a ambos lados do edificio. Tellado a dúas augas, excepto na caída da zona da entrada e na cabeceira do edificio que vai a tres. Campanario de estilo barroco que arranca na esquina dereita da entrada dende o chan, con escaleira de caracol no seu interior para acceder ata as campás. A torre componse de dous corpos rematados por unha cúpula de sillería sobre un tambor. Primeiro corpo liso e cerrado, coroado por unha cornixa sobre a que se asenta o segundo corpo coas campás e coas esquinas apilastradas, sobre este corpo vai a cúpula.
Porta principal con moldura sobre o lintel. Ten enriba a imaxe da Virxe da Asunción nunha fornela enmarcada en pilastras con volutas e rematada en pináculos e outros motivos decorativos. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorVIEITES, Elixio / PATRIMONIOGALEGO.NET (31-08-2012) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (21-09-2022) |
|