Inventario de Campás

Igrexa de Santo André da Pereira - SANTA COMBA (GALICIA)

(Referencia: 12235)
Rúa Vilar de Abaixo, s/n.
15837 SANTA COMBA

Descricion Os templos de plano central son pouco habituais nesta zona, de aí a singularidade de San Andrés da Pereira. Retomando ancestrais disposicións formais con forma de cruz grega, esta igrexa presenta unha planta que parece ter os brazos de iguais dimensións, aínda que un pouco desvirtuados polos volumes anexos ó muro norte (sancristía e pequeno oratorio).
No interior a capela maior e a nave cóbrense con bóveda de canón que descarga, directamente, nos muros de carga de cachotería.
A cuberta é a tres augas na nave e a unha nos anexos. A fachada, pola contra, é de cantería. Esta última posúe unha disposición xa coñecida pero de grande orixinalidade na ornamentación, xa que a fornela que alberga a imaxe do santo titular está gardada por un frontón partido, na súa parte inferior, e un frontón curvo, na parte superior. Ademais unha parte dela é translúcida, a modo de transparente, recurso moi utilizado na arquitectura barroca. Esta ornamentación complétase cunha cornixa rematada en volutas e pináculos piramidais.
O campanario, sobre unha base prismática, ofrece dous corpos. O primeiro con arcos de medio punto sobre machóns e un segundo, cupuliforme.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (14-04-2012)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (03-02-2021)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 19-04-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioCampá menor (1)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19535386
    Torre-campanarioCampá maior (2)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)195567174

  • Ficha reducida (PDF)
  • SANTA COMBA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 27-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 34 Visitants: 33 Usuaris: 1 - francesc