
| Data de construción |
Século XVIII. |
---|
Descricion |
Esta Ermida atópase ás aforas da vila, nun promontorio de alto valor paisaxístico dende o que se divisa a punta da Barca (Muxía). É de estilo barroco (XVIII) e presenta unha planta dividida en dous tramos con coro, e conta cun anexo (nártice) lateral no muro sur. A fachada sinxela e simétrica, sen decoración e cunha sinxela espadana cun só oco formado por un arco de medio punto.
A romería ten lugar o Luns de Pascua, levase en procesión a imaxe dende Camariñas ata a ermida, onde se dan tres voltas arredor do templo. Segundo a tradición, préndese unha vela diante da imaxe cando a persoa está ausente, para que esta Virxe, que segundo a lenda apareceu no mar, se lembre do ofrecido. Testemuño destes rituais son os exvotos de barcos que aparecen no recinto.
O lenzo da imaxe da Virxe é de 1759 e do autor Antonio Sarmiento. Este lenzo hoxe forma parte da colección do Museo de América (Madrid). |
---|
Campás |
1 campá. |
---|
Autorwww.turismo.gal (Xunta de Galicia) (01-10-2019) |
|