Maior. - Igrexa de San Mamede de Amil - MORAÑA (GALICIA)

(Referencia 22293)

Localización Torre-campanario.
Diámetro (en cm) 90
Peso aproximado (en quilogramos) 422
FundidorOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1925
Descricion Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1925 polos Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 90 cm de diámetro.
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1925 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de 6 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón cingue polo comezo da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Presenta sinete rectangular coa inscrición: FABRICADA POR OCAMPO / EN ARCOS DA CONDESA.
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (31-10-2023)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 03-11-2023
4 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 28-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 39 Visitants: 39 Usuaris: 0