| Descricion |
Pastoriza foi anteriormente un templo románico. A construción do actual santuario iniciouse no século XVII, incorporando á fachada unha portada-retablo.
Aínda que as intervencións máis salientabeis realizadas na igrexa datan do século XVII, no seu interior atopamos elementos que nos permiten falar dunha orixe anterior, en torno ó século XII-XIII, e incluso máis remota. Santuario de grande devoción, celebra no outono unha popular romaría en honra á Virxe. Dende o punto de vista arquitectónico o templo conta dunha soa nave con dúas capelas pegadas nos seus laterais. A fachada estructúrase en tres corpos independentes que rematan nun campanario, estando toda ela ornamentada con motivos clásicos. No seu interior, o altar maior, consta dun retablo barroco con columnas salomónicas decorado con motivos vexetais. |
---|
Campás |
4 campás. |
---|
AutorTROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (31-03-2012) TROIANO CARRIL, Xosé [Santa Maria de Pastoriza (Arteixo, A Coruña)] (26-11-2018) |
|