Inventario de Campás

Igrexa Santos Xusto e Pastor de Entenza - SALCEDA DE CASELAS (GALICIA)

(Referencia: 13071)
Lugar da Igrexa, s/n.
36471 SALCEDA DE CASELAS

Descricion A Igrexa de Entenza, de orixe románica, está feita a base de perpiaño granítico labrado, con teitume a dúas augas.
A fachada principal posúe un arco de medio punto coas arestas rebaixadas e o marcado das doelas que forman o arco. por riba dela aparece un óculo central de forma circular con moldura.
No centro aparece unha torre campanario de forma cadrada sobre unha pequena cornixa voada.Posúe catro ocos de arco semicircular moldurados e con adorno central superior e balaustrada pétrea de tres pés en cada un deles. Nos extremos dela están pináculos piramidais rematados en bola sobre un prisma labrado. Remátase con agulla en forma de pirámide octogonal que finaliza en bola e cruz pétrea.
Destaca a súa cornixa moldurada que percorre os paramentos laterais baixo o alero do tellado. Rematan o paramento nos extremos uns pináculos piramidais con bola sobre unha base cuadrangular.
A ábsida actual foi construída no 1727. Foi reconstruída case na súa totalidade a comezos do século XVIII.
No ano 1943, nunha nova reforma, cambióuselle a espadana pola torre actual de campanario.
O interior posúe os paramentos e o teitume enfoscados. O arco triunfal de medio punto apóiase en pilastras e dá paso á capela maior con bóveda de crucería de catro nervos, apoiados en ménsulas cunha clave. No interior podemos ver tamen un retablo de estilo barroco do primeiro terzo do século XVIII.
En escritos do século XII esta igrexa era coñecida polo nome de Antenza.
Campás 2 campás.
Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (16-06-2014)
  • FRANCO BARROS, Óscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (17-05-2021)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 12-07-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Sala de campásCampá pequena (1)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)192460125
    Sala de campásCampá grande (2)OCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)195080296

  • Ficha reducida (PDF)
  • SALCEDA DE CASELAS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 11-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 63 Visitants: 63 Usuaris: 0