Inventario de Campás

Igrexa de San Miguel de Tabagón - O ROSAL (GALICIA)

(Referencia: 13011)
Travesía de San Miguel, 2.
36760 O ROSAL


Descricion Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave feita a base e cadeirado granítico labrado. O teitume é a dúas augas con pináculos de bola nos vértices das cornixas. Posúe contrafortes nas fachadas laterais.

A fachada principal, de estilo neoclásico e simétrica, móstrase entre dúas pilastras extremas. Nela podemos ver a porta de acceso acodada nos extremos superiores e flanqueada por dúas bufardas verticais, un tímpano triangular sobre a porta que recolle unha fornela de arco de medio punto cunha imaxe pétrea de San Miguel.
O conxunto remata nunha torre de planta cadrada e acaroada ó edificio rodeada por dúas balaustradas voadas ao longo do seu perímetro. Posúe catro ocos con arcos de medio punto. A torre remata cunha cúpula de pedra apuntada.
No interior destacan os seus arcos de medio punto en pedra.
Esta igrexa, datada no século XVI, sufriu moitas reformas. A máis importante na súa configuración é a do ano 1740 na que se lle fixo a fachada oeste e a torre tal como hoxe as conservamos. Esta obra foi realizada por Santiago de Pazos.
Campás 4 campás.
Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (28-04-2015)
  • FRANCO BARROS, Óscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (08-03-2021)
  • FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (Campás e reloxos monumentais de Galicia, FACEBOOK) (21-01-2024)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 23-01-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioCampá (1)CARESA S. L. 20005072
    Torre-campanarioCampá (2)CABRILLO MAYOR, JOSÉ (SALAMANCA)192560125
    Torre-campanarioCampá (3)CARESA S. L. 200080296
    Torre-campanarioCampá (4)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)1941100579

  • Ficha reducida (PDF)
  • O ROSAL: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 11-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 49 Visitants: 49 Usuaris: 0