Inventario de Campás

Capela de San Roque - SADA (GALICIA)

(Referencia: 12895)
Praza de España, s/n.
15160 SADA

Descricion Capela de gran sinxeleza formada por unha única nave rectangular dividida en dous treitos por un arco de medio punto apoiado en dúas pilastras apegadas ós muros. Os seus muros están recebados e pintados de branco agás os esquinais, marcos dos vans e a espadana, o teito vai cuberto a dúas augas con tella curva do país. A fachada vai composta de xeito simétrico seguendo un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta principal cun arco rebaixado. Sobre o ingreso vai unha xanela con arco de medio punto e enriba desta, un óculo cego con catro cruces. A cornixa superior ten forma arqueada estando flanqueada por pináculos moi moldurados rematando os esquinais. Rompendo o vértice do pentágono unha base para o campanario. Esta é unha torre formada por unha estructura que semella un forxado modernista, posuíndo no seu interior dúas campás. No seu cume está rematado por unha cruz, tamén de forxa.
Destacar que entre o ingreso e a xanela da fachada hai unha interesante placa de mármore cuns datos moi significativos e que dí: “ESTA CAPILLA SE REEDIFICO A ESPENSAS DE LIMOSNAS Y OTROS RECURSOS, SIENDO CURA PÁRROCO D. GERÓNIMO REY MARTÍNEZ, AÑO DE 1885”. Outros datos salientábeis son que esta capela é propiedade municipal dende o ano 1967 e, a partires de febreiro de 2010 deixou oficialmente de ter uso relixioso, publicado no Diario Oficial de Galiza no día 8 de Febreiro. Agora acolle actos culturais e concertos acordes co carácter monumental do conxunto.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (11-12-2015)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (21-04-2023)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 24-10-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Chapitel de forxa.Campa menor (1)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19205072
    Chapitel de forxa.Campá maior (2)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)192060125

  • Ficha reducida (PDF)
  • SADA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 09-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 40 Visitants: 40 Usuaris: 0