Inventario de Campás

Igrexa de San Pedro de Buxantes - DUMBRÍA (GALICIA)

(Referencia: 12266)
Lugaar de Buxantes, s/n.
15151 DUMBRÍA


Descricion É unha das máis fermosas construcións de toda a comarca pola súa calidade artística. Posúe unha planta de cruz latina con dúas capelas que conforman unha estructura que ten función de ser o brazo do cruceiro. A capela do Rosario no lado do evanxeo é de estilo renacentista, e a capela da Asunción, no lado da epístola, pertence ó estilo barroco. Á nave ábrese unha capela no muro norte con dobre acceso, dende o interior da nave e dende o brazo do cruceiro. No muro sur ábrese outra capela que está adicada a San Miguel, así como o baptisterio, engadidos no século XVIII. Posúe un coro alto ós pés da nave.
A sancristía está pegada ó muro sur da igrexa. A capela maior cóbrese con bóveda de canón realizada con aparello de cantería e está reforzada no centro cun arco faixón. O cruceiro está formado por dous arcos torais e dous formeiros e cóbrese cunha bóveda de aresta de cantería. Ó exterior destaca o ciborio de planta cadrada e cun tellado a catro augas. A nave cóbrese actualmente cunha teitume de cemento que imita á antiga feita en madeira. Ós pés da nave levántase un magnífico coro pétreo sobre unha bóveda de canón rebaixada.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (14-04-2012)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (27-08-2023)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    BARRAL, CristinaChicho López, campanero: «Teño traballo, pero non se valora»2019
    GARCÍA QUINTÁNS, ModestoA linguaxe das campás parroquiais na nosa comarca2021
    2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 27-08-2023

    Campás desaparecidas

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)189385356

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)201984343
    Torre-campanarioMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)192490422

  • Ficha reducida (PDF)
  • DUMBRÍA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 09-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 31 Visitants: 31 Usuaris: 0