
Jose Collazo, en Castrobuxán o pasado domingo de Resurrección - Autor: GARCÍA, Ana / LA VOZ DE GALICIA
Non tan frecuente é ver a un neno tocando a campá, e por iso a imaxe de Jose Collazo Gándara —12 anos— chamou a atención nos oficios celebrados o Domingo de Resurrección en Castrobuxán, Vimianzo, coa procesión da Palomita. Jose é vimiancés de Irroa e, como o seu irmán Adrián, maior que el, e como outros pequenos e mozos, monaguillo da parroquia de San Vicenzo de Vimianzo desde fai uns tres anos, explica o sacerdote Daniel Turnes. «Ademais, os dous son dos que non faltan», precisa. Indica que sempre están dispostos a botar unha man, sexa na misa ou noutras laborais auxiliares que fagan falta para ter todo a piques de cara ás eucaristías. En Castrobuxán, a Jose, que cursa primeiro da ESO, tocoulle facer soar a campá e, aínda que habitual non pareza, incide o párroco en que «aquí todos aprenden de todo». É importante que así sexa e, sen dúbida, importante cando o oficio de campanero en xeral vaise perdendo. Tanto así que para estes mesteres tamén entrou a tecnoloxía. Polo demais, e como sempre, moi vistosos os actos en Castrobuxán, onde os nenos estiveron moi presentes.
![]() |
||
© La Voz de Galicia (2026) © Campaners de la Catedral de València (2026) campanerscatedralvalencia@gmail.com Actualización: 30-05-2026 |
||