COLECTIVO PATRIMONIO DOS ANCARES - As campás da Igrexa de San Xoán de Becerreá

As campás da Igrexa de San Xoán de Becerreá


Ata os anos setenta do pasado século existía na parroquia un ritual asociado ás campás da igrexa. Cando morría unha persoa, o xeito de tocar a defunto variaba segundo o finado fose un home ou unha muller. Se era home, a campá máis grande, alcumada de San Xoán, tocaba dúas veces seguidas, e a pequena, de nome As Candeas, unha. Cando a falecida era unha muller, a campá pequena daba dúas badaladas seguidas e unha a maior. (Recollida polo Colectivo Patrimonio dos Ancares).

COLECTIVO PATRIMONIO DOS ANCARES

Arqueoloxia dos Ancares (24-06-2022)

  • Igrexa de San Xoán de Becerreá - BECERREÁ: Campás, campaneiros e toques
  • BECERREÁ: Campás, campaneiros e toques
  • Lista de toques: Bibliografía