| Localización |
Torre-campanario |
|---|
| Diámetro (en cm) |
60 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
125 |
|---|
| Fundidor | DE SOUTO, MANUEL |
|---|
| Ano de fundición |
1898 |
|---|
| Descricion |
Campá menor pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1898 por Manuel de Souto en Melias, Coles (Ourense). Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro. |
|---|
| Terzo (T) |
2 cordóns /
... SOI DEDICADA A SAN ... 1898 /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha ruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de seis puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates potenzados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto e na parte inferior, presenta unha figura dunha Custodia flanqueada por dous cirios. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns. |
|---|
| Pé |
2 cordóns. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cunha corda. |
|---|
| Valoración |
Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (07-06-2026)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
09-06-2026 |
|---|
| 3 Fotos |
|---|