A VOZ - O Arcebispado pide que se reciba ao Papa con campás e suspende ese día as misas en Santiago

O Arcebispado pide que se reciba ao Papa con campás e suspende ese día as misas en Santiago

Para sufragar os gastos xerados nesta visita, a arquidiocese organizará unha colecta nas misas vespertinas do sábado 9 de outubro e na do domingo 10.

O papa Benedito XVI será recibido o 6 de novembro por un repique xeral de campás á súa chegada a Lavacolla ás 11.30 horas. O Arcebispado de Santiago deu instrucións a todos os sacerdotes da arquidiocese para que toquen as campás a modo de benvida e tamén ás 16.30, momento no que o Pontífice iniciará a celebración eucarística na praza do Obradoiro. Ademais, durante ese día suprimiranse todas as misas en Compostela desde as 16.30 ata as 19 horas, fóra da que celebrará o Papa.

Para sufragar os gastos xerados nesta visita, a arquidiocese organizará unha colecta nas misas vespertinas do sábado 9 de outubro e na do domingo 10. Estas achegas tamén poderán ser depositadas nas oficinas do Arcebispado ou nunha conta bancaria de Caixa Galicia.

O Papa, que vén en peregrinación apostólica, será recibido ao son das campás polos Príncipes de Asturias. Logo de percorrer o traxecto entre o aeroporto e o centro histórico en papamóvil, ás 13 horas atravesará a Puerta Santa e reunirase cos cardeais españois, algúns membros da Conferencia Episcopal Española e o séquito papal na sede do Arcebispado.

Tras oficiar a misa para seis mil persoas no Obradoiro, ten programado coller un voo ás 19.15 rumbo Barcelona para consagrar, ao día seguinte, o templo da Sacra Familia.

A VOZ

La Voz de Galicia (28-09-2010)

Regresar a la página anterior