Igrexa de San Vicente da Abeleda - XUNQUEIRA DE AMBÍA GALICIA
Campás actuais
Menor.
(Referencia 27568)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 60
Ano de fundición 1898
Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1898 por Manuel de Souto en Melias, Coles (Ourense). Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
... SOI DEDICADA A SAN ... 1898 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha ruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de seis puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates potenzados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto e na parte inferior, presenta unha figura dunha Custodia flanqueada por dous cirios.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autors da documentación
- HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (07-06-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 09-06-2026
Maior.
(Referencia 27567)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 65
Ano de fundición 1898
Descricion Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1898 por Manuel de Souto en Melias, Coles (Ourense). Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
... SOI DEDICADA A SAN ... /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha ruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de seis puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates potenzados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto e na parte inferior, presenta unha figura dunha Custodia flanqueada por dous cirios.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
MAИUEL SOUTO ME HIZO EИ MELIAS EИ COLES /
2 cordóns.
Pé 2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.