(Referencia 27465)


Localización Espadana
Diámetro (en cm) 50
Peso aproximado (en quilogramos) 72
Fundidor DE LINARES ORTIZ, CONSTANTINO (CARABANCHEL BAJO)
Ano de fundición 1926
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1926 por Constantino de Linares Ortiz en Carabanchel Bajo, Madrid. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.
Terzo (T) 4 cordóns /
CORAZON DE JESUS ANO 1926 /
4 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz radiante con pedestal. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto superior presenta sinete ovalado coa inscrición: "FUNDICION / DE / CONSTANTINO DE LINARES ORTIZ / PROVEEDOR DE LA REAL CASA / MADRID CARABANCHEL BAJO".
Na zona inferior: "N 26140".
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Pé 2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 17-05-2026
(Referencia 27464)


Localización Espadana
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
Fundidor RUIZ, JUAN ANTONIO
Ano de fundición 1876
Descricion Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1876 por Francisco Antonio Ruiz en Castrelo do Val (Ourense). Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.
Hombreiro (H) 2 cordóns.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS ⁎ MARIA ⁎ Y ⁎ JOSE ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1876 ⁎ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de dous chanzos. Tres cravos curvos saen dos paos da cruz significando que Cristo está desencravado. Enriba da stipes hai unha cartela coas siglas INRI.
No lado oposto inferior presenta unha figura de Santa Bárbara e debaixo, sinete rectangular coa inscrición: "⁎Dᴺ. FRANCO RUIZ / ME HIZO⁎".
Medio pé (MP) 3 cordóns grosos /
3 cordóns finos.
Pé 3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Observacións Campá soldada dende o medio ata o pé.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 17-05-2026