(Referencia 27417)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 40
Peso aproximado (en quilogramos) 37
Fundidor RUIZ, SECUNDINO
Ano de fundición 1912
Descricion Campá unica pendurada do oco único da espadana. Fundida en 1912, moi posibleemente por Secunndino Ruiz en Castrelo do Val (Ourense), Ten unha medida estimada duns 40 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
⁎ JHS ⁎ MARÍA ⁎ Y ⁎ JOSÉ ⁎ AÑO ⁎ DE ⁎ 1912 ⁎ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de dous chanzos. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Tres cravos rectos saen dos paos da cruz, significado de que Cristo está Crucificado. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. Enriba da stipes presenta unha cartela coas siglas INRI.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 06-05-2026