Igrexa de San Xoán de Toldaos - PANTÓN GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 25884)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 50
Peso aproximado (en quilogramos) 72
FundidorBLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)
Ano de fundición 1913
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1913 por Gregorio Blanco en Monforte de Lemos. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE 1913 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal feito a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados.
No lado oposto presenta unha figura de Santa Bárbara.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "Balco me hizo / MONFORTE".
1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • MOURE, Xabier & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (26-06-2025)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 08-07-2025
1 Fotos

Maior.

(Referencia 25883)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
FundidorBLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)
Ano de fundición 1913
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1913 por Gregorio Blanco en Monforte de Lemos. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE 1913 ⁑⁑ ⁑⁑ ⁑⁑ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feito a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados.
No lado oposto presenta unha figura de Santa Bárbara e a inscrición: "NOS / HICIERON / SIENDO / CURA DN. AMA(DOR) / CASANOVA".
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "Blanco me hizo / MONFORTE".
1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • MOURE, Xabier & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (26-06-2025)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 08-07-2025
2 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 30-06-2026

    Connectats: 40 Visitants: 40 Usuaris: 0