Igrexa de San Martiño de Cotá - FRIOL (GALICIA)

Igrexa de San Martiño de Cotá - FRIOL GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 25646)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 50

Peso aproximado (en quilogramos) 72

Fundidor DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA

Ano de fundición 1881

Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1881 por Juan María de la Sota en Lugo. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.

Terzo (T) 3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1880 /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. A parte inferior da stipes está feita por dúas figuras; a máis pegada ó pedestal, unha figura de Santa Bárbara e, enriba dela, a figura dunha Custodia. Cinguindo a esta última figura tres cordóns.

Medio pé (MP) 4 cordóns.

Presenta sinete do mestre fundidor: "Juan Mª de la Sota / LUGO".
1 cordón.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 12-05-2025


6 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Maior.

    (Referencia 25645)


    Localización Espadana

    Diámetro (en cm) 60

    Peso aproximado (en quilogramos) 125

    Fundidor DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA

    Ano de fundición 1880

    Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1880 por Juan María de la Sota en Lugo. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.

    Terzo (T) 3 cordóns /
    JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1880 /
    2 cordóns.

    Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. A parte inferior da stipes está feita por dúas figuras; a máis pegada ó pedestal, unha figura de Santa Bárbara e, enriba dela, a figura dunha Custodia. Flanqueando ao pedestal, dous cirios en forma de folla de palma?
    No lado oposto presenta sinete do mestre fundidor: "Juan Mª de la Sota / LUGO".

    Medio pé (MP) 4 cordóns.

    1 cordón.

    Cepo Xugo de madeira.

    Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

    Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

    Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

    Autors da documentación

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 12-05-2025


    8 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Ficha reducida (PDF)