(Referencia 25550)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 55
Peso aproximado (en quilogramos) 96
Fundidor RUIZ
Ano de fundición 1835
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1835 polos Ruiz de Castrelo do Val, Ourense. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS ... ... 1835 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados e flanqueada por dous cirios. Os brazos teñen remates a modo de potenzada cunha cartela coas siglas INRI arriba da stipes. Tres cravos saen do pao da cruz. Dous cordóns finos cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
Incrición /
2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 16-04-2025
(Referencia 25549)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
Fundidor BLANCO FERNÁNDEZ, JENARO
Ano de fundición 1855
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1855 por Jenaro Blanco en Monforte de Lemos. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSSE ANO DE 1855 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns finos cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 16-04-2025