Igrexa de Santa María do Pao - GOMESENDE (GALICIA)

Igrexa de Santa María do Pao - GOMESENDE GALICIA

Campás actuais

Menor

(Referencia 25411)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 70

Peso aproximado (en quilogramos) 199

Fundidor ANÓNIMO (GALICIA)

Ano de fundición 1716

Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1716 por autor anónimo. Ten unha medida estimada duns 70 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
IHS MARIA IOSEPH ✱ ANO DE 1716 ✱ /
2 cordóns,

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dun círculo. Os brazos están rematados por tres illas con forma romboide. Tres cravos rectos; un na base e os outros dous na cruceta, significado de que Cristo está crucificado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 3 cordóns /
" HIZOSE SIENDO D (ilexible) NOBOA * A SV COSTA (ilexible)" /
3 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Electro-mazo interior.

Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 08-03-2025


8 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Maior

    (Referencia 25410)


    Localización Torre-campanario

    Diámetro (en cm) 104

    Peso real (en quilogramos) 650

    Fundidor JERÓNIMO, SERAFIM DA SILVA

    Ano de fundición 1987

    Descricion Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1987 por Serafim da Silva Jerónimo en Braga, Portugal.

    Terzo (T) Greca vexetal /
    3 cordóns /
    greca vexetal.

    Medio (M) Presenta unha cruz radiante con pedestal. Catro cordóns moi finos separados por pares, cinguen pola metade da cruz.
    No lado oposto e na parte inferior presenta inscrición: "PARROQUIA - SANTA MARIA DEL PAO - AÑO 1987 / SIENDO ABAD D. JOSE LOREZ GIL".

    Medio pé (MP) 2 cordóns /
    650 KG /
    3 cordóns.

    1 cordón /
    Sinete ovalado coa inscrición: "A FUNDIÇAO DE SINOS / - DE - / BRAGA / SERAFIM DA SILVA JERONIMO / RUA DO CORVO 72 - 78 / BRAGA" /
    2 cordóns.

    Cepo Xugo de madeira.

    Estado actual Bo.

    Mecanismos de toque Combinación de badalo con cadea e electro-mazo interior.

    Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

    Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

    Autors da documentación

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 08-03-2025


    7 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Ficha reducida (PDF)