(Referencia 25134)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 50
Peso aproximado (en quilogramos) 72
Fundidor BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)
Ano de fundición 1905
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1905 por Gregorio Blanco en Monforte de Lemos, Lugo. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1905 ⁑⁑ ⁑⁑ ⁑⁑ ⁑⁑ /
3 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitas a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto, na parte inferior presenta unha figura de Santa Bárbara.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé Presenta sinete rectangular coa inscrición: "Blanco Me hizo / MONFORTE"
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 28-01-2025
(Referencia 25133)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 65
Peso aproximado (en quilogramos) 159
Fundidor BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)
Ano de fundición 1905
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1905 por Gregorio Blanco en Monforte de Lemos, Lugo. Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1905 ⁑ ⁑ /
2 cordóns /
greca vexetal.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de seis chanzos feitas a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. O pedestal está flanqueado por dous cirios. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto, na parte superior, unha inscrición: "NOS HICIERON / A ESPENSAS DE LOS / VECINOS DE COIRAS". Na parte inferior presenta tres figuras, entre elas unha Santa Bárbara e un Santiago Apóstolo a cabalo.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 28-01-2025