Igrexa de Santa Baia de Losón. - LALÍN (GALICIA)

Igrexa de Santa Baia de Losón. - LALÍN GALICIA

Campás actuais

Menor

(Referencia 25106)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 53

Peso aproximado (en quilogramos) 86

Fundidor HONTAÑÓN HAZA, PEDRO (1795-1876)

Ano de fundición 1847

Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1847 por Pedro Hontañón en Orazo, A Estrada (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 53 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MMARIA Y JOSE HIZOSE SIENDO ABAD DON LUIS FONDEBI... ANO DE 1847 /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha Custodia rematada por unha pequena cruz e un pedestal de cinco chanzos. No lado oposto presenta sinete rectangular coa inscrición: " Hontañon / ME HIZO EN / STº".

Medio pé (MP) 3 cordóns.

1 cordón.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cun arame.

Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-01-2025)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 25-01-2025


9 Fotos

Maior

(Referencia 25105)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 55

Peso aproximado (en quilogramos) 96

Fundidor LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)

Ano de fundición 1884

Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1884 por Juan Liste en Orazo, A Estrada (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
IHS Mᴬ Y JOSE AͶO DE 1890 ѧ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior xeométrica e vexetal (pétalos). Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
ѧ LISTE EͶ ORAZO ѧ /
2 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cun arame.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-01-2025)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 25-01-2025


7 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)