| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
45 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
53 |
|---|
| Fundidor | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) |
|---|
| Ano de fundición |
1924 |
|---|
| Descricion |
Campá única pendurada da espadana da capela de San Bartolomeu. Fundida en 1924 polos Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada dun 45 cm de diámetro. |
|---|
| Terzo (T) |
Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1924 /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns. |
|---|
| Pé |
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA". |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cun arame. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
07-10-2024 |
|---|
| 2 Fotos |
|---|