Igrexa de Santiago de Tabeirós - A ESTRADA (GALICIA)

Igrexa de Santiago de Tabeirós - A ESTRADA GALICIA

Campás actuais

Menor

(Referencia 24245)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 60

Peso aproximado (en quilogramos) 125

Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)

Ano de fundición 1935

Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida no ano de 1935 polos Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.

Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1935 /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cordons cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 3 cordóns.

Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADA POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA".

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha corda.

Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 16-09-2024


3 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Maior

    (Referencia 24244)


    Localización Torre-campanario

    Diámetro (en cm) 95

    Peso aproximado (en quilogramos) 496

    Fundidor LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)

    Ano de fundición 1900

    Descricion Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida no ano de 1900 por José Liste en Orazo, A Estrada (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 95 cm de diámetro.

    Terzo (T) 2 cordóns /
    IHS MARIA Y JOSE SANTIAGO DE TABEIROS ѧ /
    2 cordóns.

    Medio (M) Presenta unha Custodia cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal (Frores e pétalos). Dous cordons cinguen pola metade da Custodia.

    Medio pé (MP) 2 cordóns /
    SIENDO CURA D. JOSE NOVO VAZQUEZ ѧ FUNDIDA POR J. LISTE EN ORAZO ѧ ANO DE 1900 ѧ /
    2 cordóns.

    2 cordóns finos.

    Cepo Xugo de madeira.

    Mecanismos de toque Badalo cunha corda.

    Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

    Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

    Autors da documentación

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 16-09-2024


    3 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Ficha reducida (PDF)