Igrexa de Santa Cristina de Cobas - MEAÑO GALICIA
Campás actuais
Menor.
(Referencia 23838)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 66
Peso aproximado (en quilogramos) 166
Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1922
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1922 polos Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra).
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1922 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns finos cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Pé Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRIACADA POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Autors da documentación
- BARBEITO, José (28-07-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 31-07-2025
Maior.
(Referencia 23837)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 76
Peso aproximado (en quilogramos) 254
Fundidor BLANCO PAZ, ANTONIO
Ano de fundición 1836
Descricion Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1836 por Antonio Blanco en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra).
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1836 ✱ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 31-07-2025