| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
50 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
72 |
|---|
| Fundidor | TABOADA PORTAS, FIDEL (MONEIXAS) |
|---|
| Ano de fundición |
1961 |
|---|
| Descricion |
Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1961 por Fidel Taboada en Moneixas, Lalín (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro. |
|---|
| Terzo (T) |
2 ccordóns /
JHS MARIA Y JOSE Sᵀᴬ MARINA y Sᵀᴬ BARᴿᴬ ANO DE 1961 ⁎ /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz con pedestal de cinco chanzos feitas a base de selos cadrados con decoración interior de 4 estrelas de 8 puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. |
|---|
| Medio pé (MP) |
2 cordóns /
ME HICIERON SIENDO CURA D. GONZALO CORTIZO VILA POR TABOADA EN LALIN⁎ /
2 cordóns. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Combinación de badalo e electro-mazo interior. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (02-07-2023)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
31-07-2024 |
|---|
| 8 Fotos |
|---|