Igrexa de Santiago de Guldriz - FRIOL (GALICIA)

Igrexa de Santiago de Guldriz - FRIOL GALICIA

Campás actuais

Maior.

(Referencia 23680)


Localización Espadana

Fundidor DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA

Ano de fundición 1912

Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1912 por Juan María de la Sota en Lugo.

Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1912 ✱ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Flanquean o pedestal, á dereita unha figura dunha Custodia e á esquerda unha Santa Bárbara. Os brazos teñen remates flamexados. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
Polo lado oposto presenta un escudo e debaixo o sinete coa inscrición:" Juan Mª de la Sota / LUGO".

Medio pé (MP) 3 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (08-07-2024)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 18-07-2024


2 Fotos

Menor.

(Referencia 23681)


Localización Espadana

Fundidor DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA

Ano de fundición 1915

Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1915 por Juan María de la Sota en Lugo.

Terzo (T) 3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1915 ✱ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Flanquean o pedestal, á dereita unha figura dunha Custodia e á esquerda unha Santa Bárbara. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Polo lado oposto presenta un escudo e debaixo o sinete coa inscrición:" Juan Mª de la Sota / LUGO".

Medio pé (MP) 3 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (08-07-2024)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 18-07-2024


1 Foto

  • Ficha reducida (PDF)