Igrexa de San Xiao de Vea - A ESTRADA (GALICIA)

Igrexa de San Xiao de Vea - A ESTRADA GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 23185)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 50

Peso aproximado (en quilogramos) 72

Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)

Ano de fundición 1922

Descricion Campá menor pendurada do oco traseiro da torre campanario. Fundida en 1922 polos Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.

Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1922 /
2 cordón.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 3 cordóns.

Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA".

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

Valoración Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 23-03-2024


4 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Mediana.

    (Referencia 23184)


    Localización Torre-campanario

    Diámetro (en cm) 70

    Peso aproximado (en quilogramos) 199

    Fundidor OCAMPO, HERMANOS

    Ano de fundición 2001

    Descricion Campá mediana pendurada do oco esquerdo da torre campanario. Fundida en 2001 polos Irmáns Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra).

    Terzo (T) Greca /
    2 cordóns /
    JHS MARIA Y JOSE AÑO 2001 /
    1 cordón.

    Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón ancho cingue pola metade da stipes.

    Medio pé (MP) 3 cordóns.

    Presenta sinete rectangular coa inscrición: "HERMANOS OCAMPO / METALES FINOS / Fundidor de campanas / PONTEVEDRA / CALDAS DE REYES/ARCOS DE LA CONDESA".

    Cepo Xugo de madeira.

    Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

    Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

    Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

    Observacións Fendida.

    Autors da documentación

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 23-03-2024


    5 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Maior.

    (Referencia 23186)


    Localización Torre-campanario

    Diámetro (en cm) 80

    Peso aproximado (en quilogramos) 296

    Fundidor BLANCO PAZ, JUAN MANUEL

    Ano de fundición 1818

    Descricion Campá maior pendurada do oco frontal da torre campanario. Fundida en 1818 poo Juan Manuel Blanco Paz en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 80 cm de diámetro.

    Terzo (T) Greca /
    2 cordóns /
    JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1818 ❖ ❖ /
    2 cordón.

    Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de seis chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.

    Medio pé (MP) 2 cordóns /
    … DE LA FA BRICA DE ES TA Y GLESIA DE Sᴺ JULIAN DE VEA /
    2 cordóns.

    Cepo Xugo de madeira.

    Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

    Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.

    Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

    Autors da documentación

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 23-03-2024


    5 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Ficha reducida (PDF)