Igrexa de San Xurxo de Cereixo - A ESTRADA (GALICIA)

Igrexa de San Xurxo de Cereixo - A ESTRADA GALICIA

Campás actuais

Menor. Torre esquerda

(Referencia 20876)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 70

Altura do bronce 63

Peso aproximado (en quilogramos) 199

Fundidor SERNA, JOSÉ FRANCISCO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Ano de fundición 1799

Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre esquerda. Fundida en 1799 por José Francisco Serna en Santiago de Compostela.

Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
⁎ JHS ⁎ MARIA ⁎ Y JOSEF ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1799 ⁎ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de 4 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de 4 estrelas. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón cingue pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
...ᴿᴬ⁎OUᴱ⁎PAᴳᴼ⁎Dᴺ⁎PHEᴸᴵᴾᴱ⁎ANᵀᴼ⁎DELEᴿᴬ⁎CVᴿᴬ⁎ACOᵀᴬ⁎Dᴱ⁎Lᴬ⁎LIMOᴺᴬ⁎Dᴱ⁎Sᴺ⁎JORXE⁎ /
2 cordóns. (As letras diminuídas están colocadas por enriba dos cos 2 cordóns superiores).

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha corda.

Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (07-05-2023)

Editor da ficha LLOP i BAYO, Francesc

Actualización 10-05-2023


7 Fotos

Maior. Torre esquerda.

(Referencia 20875)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 86

Altura do bronce 72

Peso aproximado (en quilogramos) 368

Fundidor LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)

Ano de fundición 1919

Descricion Campá maior pendurada no oco frontal da torre esquerda. Fundida en 1919 por José Liste en Orazo (A Estrada, Pontevedra).

Terzo (T) 2 cordóns /
IHS MARIA Y JOSE ANO DE 1919 ѧ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha Cruz cun pedestal de 5 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración vexetal interior. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Un cordón cingue pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 2 codóns /
ѧ FUNDIDA POR J.LISTE EN ORAZO ѧ /
2 cordóns.

4 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha corda.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (07-05-2023)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 09-05-2023


6 Fotos

Campá do reloxo. Torre dereita.

(Referencia 20874)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 106

Altura do bronce 91

Peso aproximado (en quilogramos) 690

Fundidor LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)

Ano de fundición 1919

Descricion Campá do reloxo pendurada no oco frontal da torre dereita. Fundida en 1919 por José Liste en Orazo (A Estrada, Pontevedra).

Terzo (T) 2 cordóns /
IHS MARIA Y JOSE ANO DE 1919 ѧ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha Custodia cun pedestal de 6 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración vexetal interior. Un cordón cingue pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 2 codóns /
ѧ FUNDIDA POR J.LISTE EN ORAZO ѧ SE HIZO SIENDO RECTOR DON ANTONIO ... /
2 cordóns.

4 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Martelo de ferro do reloxo.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (07-05-2023)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 09-05-2023


8 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)