Igrexa de San Xulián de Serantes - OLEIROS (GALICIA)

Igrexa de San Xulián de Serantes - OLEIROS GALICIA

Campás actuais

SAN JOSÉ

(Referencia 20779)


Localización Espadana

Fundidor DÍEZ SANTAMARÍA, MOISÉS

Ano de fundición 1912

Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1912 por Moisés Díez en Palencia.

Hombreiro (H) Follas de parra.

Terzo (T) 1 cordón /
SAN JOSE MOISES DIEZ PALENCIA AÑO 1912 /
1 cordón /
greca vexetal /
1 cordón

Medio (M) Grilanda vexetal que cingue toda a campá pola parte superior.
Pola parte inferior, presenta a Cristo Crucificado con tres cravos. Cabeza ladeada lixeiramente cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. No lado oposto presenta número de serie: 1286-A.

Medio pé (MP) Greca vexetal /
1 cordón /
Decoración de círculos con un punto a modo de bulto /
1 cordón /
greca vexetal.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Electro-mazo interior.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 15-04-2023


9 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Menor.

    (Referencia 20780)


    Localización Espadana

    Fundidor BLANCO LEMOS, ANTONIO

    Ano de fundición 1957

    Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1957 por Antonio Blanco en Monforte de Lemos, Lugo.

    Terzo (T) 2 cordóns /
    JHS Y MARIA ANO DE 1957 /
    2 cordóns.

    Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitas a base de selos cadrados con decoración de catro estrelas no sei interior. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns finos cinguen pola metade da stipes.
    No lado oposto e por enriba dos cordóns, presenta unha figura de Santa Bárbara. pola parte inferior dos cordóns presenta o sinete coa inscrición: FUNDICION / DE / Antonio Blanco / MONFORTE.

    Medio pé (MP) 4 cordóns

    1 cordón.

    Cepo Xugo de madeira.

    Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 15-04-2023


    10 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Ficha reducida (PDF)