Capela de San Brais de Santiso - LALÍN (GALICIA)

Capela de San Brais de Santiso - LALÍN GALICIA

Campás actuais

Única.

(Referencia 20028)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 45

Peso aproximado (en quilogramos) 53

Fundidor PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)

Ano de fundición 1867

Descricion Campá única pendurada da pequena espadana da capela de San Brais. Fundida en 1867 por Palacio e Liste en Orazo (A Estrada, Pontevedra), Ten unha medida estimada duns 45 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
IHS MARIA Y JOSE AͶO D 1867 ѧ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de dous chanzos feito a base de triángulos con decoración vexetal. Os brazos teñen remates a modo de lanceolada.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
ѧ PALACIO Y LISTE EͶ ORAZO ѧ /
1 cordón.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha argola.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 29-11-2022


5 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)