San Mamede de Laraxe - CABANAS (GALICIA)

San Mamede de Laraxe - CABANAS GALICIA

Campás actuais

Campá menor.

(Referencia 19256)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 65

Peso aproximado (en quilogramos) 159

Fundidor PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)

Ano de fundición 1862

Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1862 polos mestres fundidores Palacio e Liste en Orazo (A Estrada, Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro

Terzo (T) 2 cordóns /
IHS Mᴬ Y JOSE AͶO D 1862 ѧ /
2 cordóns.

Medio (M) Cruz con pedestal de 4 chanzos decorados con motivos vexetais. Os brazos da cruz teñen remates a modo de potenzada.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
ѧ PALACIO Y LISTE EͶ ORAZO ѧ /
2 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque badalo cunha cadea.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 28-07-2022


10 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Campá maior.

    (Referencia 19255)


    Localización Espadana

    Diámetro (en cm) 80

    Peso aproximado (en quilogramos) 296

    Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)

    Ano de fundición 1940

    Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1940 polos Ocampo Artesanos de Arcos da Condesa (Caldas de Reis, Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 80 cm de diámetro.

    Terzo (T) Greca /
    2 cordóns /
    JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1940 /
    2 cordóns.

    Medio (M) Cruz con pedestal de 4 chanzos feitos a base de selos con 4 estrelas no seu interior. Os brazos da cruz teñen remates flamexados. Un cordón cingue pola metade da stipes.

    Medio pé (MP) 2 cordóns /
    SAN MAMES DE LARAGE SIENDO CURA PARROCO ….. /
    2 cordóns.

    Sinete coa inscrición: FABRICADO POR OCAMPO /ARCOS DE LA CONDESA.

    Cepo Xugo de madeira.

    Mecanismos de toque badalo cunha cadea.

    Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 28-07-2022


    7 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Ficha reducida (PDF)