Santa Olaia de Soaserra - CABANAS GALICIA

Campás actuais

Campá maior

(Referencia 19222)

Localización Espadana
FundidorBLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)
Ano de fundición 1877
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1877 polo mestre fundidor mindoniense, Antonio Blanco Palacios.
Terzo (T) 2 cordóns / JEჇUS MA Y JOSE ANO DE 1877 ( M A entrecruzadas)/ 2 cordóns.
Medio (M) Cruz cos brazos con remates a modo de potenzada. O pedestal está composto por unha imaxe de Santa Bárbara e, debaixo desta, unha inscrición: ME HIZO ANTº / BLANCO Pᴸ⁰ˢ / EL MINDONIENSE. 3 cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns
Cepo De madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura trala súa documentación.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 24-07-2022
6 Fotos

Campá menor.

(Referencia 19223)

Localización Espadana
FundidorOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1922
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1922 polos Ocampo Artesanos de Arcos da Condesa (Caldas de Reis, Pontevedra).
Terzo (T) Greca / 2 cordóns / JHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1922 / 2 cordóns.
Medio (M) Cruz con pedestal de 3 chanzos feitos a base de selos con 4 estrelas no seu interior. Os brazos teñen remates flamexados e un cordón cingue pola base da stipes.
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Cepo De madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura trala súa documentación.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 24-07-2022
4 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 31-05-2026

    Connectats: 71 Visitants: 71 Usuaris: 0