San Pedro do Val de Xestoso - MONFERO (GALICIA)

San Pedro do Val de Xestoso - MONFERO GALICIA

Campás actuais

Campá menor (2)

(Referencia 19030)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 57

Altura do bronce 46

Peso aproximado (en quilogramos) 107

Fundidor MENÉNDEZ, FRANCISCO, NARÓN (GALICIA)

Ano de fundición 1883

Descricion Campá menor pendurada no oco esquerdo da espadana.

Terzo (T) 2 cordóns / JESUS MARIA Y JOSE ANO DE 1883 ✱ / 2 cordóns.

Medio (M) Cruz cun pedestal de tres chanzos elaborado a base de selos con catro estrelas no seu interior. Un cordón pasa pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 3 cordóns.

Cepo De ferro.

Mecanismos de toque Combinación de corda e electro-mazo interior.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 30-06-2022


6 Fotos

Campá Maior (1)

(Referencia 19029)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 77

Altura do bronce 65

Peso aproximado (en quilogramos) 264

Fundidor BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)

Ano de fundición 1926

Descricion Campá maior pendurada no oco dereito da espadana.

Terzo (T) 3 cordóns / JHS Y MARIA ANO DE 1926 ⁑⁑ / 2 cordóns.

Medio (M) Greca con motivo vexetal pegado ó cordón superior do terzo. Cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos con catro estrelas no seu interior. Brazos horizontais con remates flamexados e brazo vertical remata o que semella unha custodia. Un cordón cingue e atravesa pola metade da stipes. No lado contrario á cruz hai dúas figuras: Unha Santa Bárbara e un Santiago Apóstolo montado a cabalo, espada na man dereita e estandarte cunha cruz na esquerda.

Medio pé (MP) 3 cordóns

Blanco Me hizo / MONFORTE / 1 cordón.

Cepo De ferro.

Mecanismos de toque Combinación de corda e electro-mazo interior.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 30-06-2022


9 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)