Capela de San Roque - MUROS (GALICIA)

Inventario de campás

Capela de San Roque - MUROS (GALICIA)

Referencia 9986

Rúa de San Roque, 17.
15250 MUROS



Data de construción Século XVIII.

Descricion A edificación actual, datada en 1765 segundo o cardeal Hoyos, foi reedificada sobre outra igrexa existente datada en 1609. A capela é moi sinxela, composta por unha soa nave de planta rectangular, dividida en tres tramos por arcos de medio punto que sosteñen unha cuberta a dúas augas. A capela maior da cabeceira, de planta cadrada e cuberta con bóveda de aresta, acada maior altura ca nave principal, sobresaíndo volumetricamente ao exterior, cunha cuberta a catro augas. Destaca no exterior a porta lateral no lado do Evanxeo, cunha pequena escalinata de acceso, portada de arco de medio punto rematada cun frontón triangular e dúas pilastras estriadas nos laterais.
A fachada principal presenta bastante simplicidade, seguindo un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular. Sobre o ingreso vai un oco de luz rectangular. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana dun corpo formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares e que serve para aloxar a campá.

Campás 1 campá.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 16-08-2022

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS DE MUROS E SERRES (1) (01-12-2018)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (16-08-2022)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    TROIANO CARRIL, XoséCampás de Muros e Serres (I)2018

    2 Fotos

    Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá (1)PALACIO (BEXÁN)186950.0072