Inventario de campás
Santuario da Nosa Señora Santa María de Pastoriza - ARTEIXO (GALICIA)
Referencia 9984
Praza do Santuario, nº 23.
15140 ARTEIXO
Referencia 9984
Praza do Santuario, nº 23.
15140 ARTEIXO


Descricion Pastoriza foi anteriormente un templo románico. A construción do actual santuario iniciouse no século XVII, incorporando á fachada unha portada-retablo.
Aínda que as intervencións máis salientabeis realizadas na igrexa datan do século XVII, no seu interior atopamos elementos que nos permiten falar dunha orixe anterior, en torno ó século XII-XIII, e incluso máis remota. Santuario de grande devoción, celebra no outono unha popular romaría en honra á Virxe. Dende o punto de vista arquitectónico o templo conta dunha soa nave con dúas capelas pegadas nos seus laterais. A fachada estructúrase en tres corpos independentes que rematan nun campanario, estando toda ela ornamentada con motivos clásicos. No seu interior, o altar maior, consta dun retablo barroco con columnas salomónicas decorado con motivos vexetais.
Campás 4 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 27-02-2023
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| TROIANO CARRIL, Xosé | Santa Maria de Pastoriza (Arteixo, A Coruña) | 2018 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Campanil | Campá do campanil (0) | 1901 | 48.00 | 64 | |
| Espadana principal | Campá pequena (1) | BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO | 1782 | 60.00 | 125 |
| Espadana principal | Campá mediana (2) | BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO | 1782 | 67.00 | 174 |
| Espadana principal | Campá grande (3) | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1926 | 94.00 | 481 |