Igrexa Santa María de Nogueira do Miño - CHANTADA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa Santa María de Nogueira do Miño - CHANTADA (GALICIA)

Referencia 9271

Lugar da Eirexe, s/n.
27515 CHANTADA



Data de construción Século XII - XVIII

Descricion Igrexa románica, da segunda metade do século XII, con reformas no XVIII na torre e na fachada. A nave é rectangular, con ábsida cadrada, e cuberta de tella a dúas augas. A ábsida ten un arco triunfal de medio punto, de sección rectangular, columnas apegadas e capiteis con decoración variada.
No testeiro conserva unha ventá de medio punto con columnas e capiteis con decoración vexetal. No lateral sur ten unha porta con arco de medio punto e arquivoltas con roseta, follas e bólas, e un tímpano con cruz de brazos iguais inscrita nun círculo. Nos laterais ten canzorros de diferentes decoracións. O frontispicio é de tradición barroca, malia que se conserva un rosetón románico de calado en cruz e rosetas. Ten tres corpos verticais separados por pilastras que rematan en cornixa e frontón de arco rebaixado e pináculos. A torre é cadrada e formada por tres corpos.
O seu interior atesoura fermosas pinturas murais de estilo manierista realizadas polo Mestre de Nogueira no século XVI. Estas cobren a cabeceira e a nave por completo. Representan escenas da Resurrección de Cristo, o Xuízo Final, a Asunción e a Anunciación, entre outras.

Campás 2 campás.

Autor
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) [https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5483/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-nogueira-de-mino?tp=8&ctre=31] (07-11-2024)
  • turismo.ribeirasacra.org [https://turismo.ribeirasacra.org/gl/igrexa-santa-maria-de-nogueira] (07-11-2024)
  • BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (07-11-2024)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (08-11-2024)
  • Vídeo (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    PersoaVídeoDataDuración
    VÁZQUEZ PORTO, ANTONIO (SANTA MARÍA DE NOGUEIRA DO MIÑO) Campanas de Nogueira 24-12-2013 08:49

    2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 14-11-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioLA PURÍSIMACABRILLO MAYOR, JOSÉ19250.00
    Torre-campanarioMenor.BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)1925ca0.00