Inventario de campás
Igrexa de Santa María Salomé - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)
Referencia 9045
Rúa Nova, 31.
15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Referencia 9045
Rúa Nova, 31.
15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA


Descricion Este pequeno templo situado en plena rúa nova, é un dos máis populares de Santiago. Foi fundado por un cóengo da catedral chamado Pelagio, en tempos do Arcebispo Xelmírez, o prelado que segundo a tradición atopou refuxio nos seus muros cando fuxía do pobo amotinado. Está dedicada a nai do apóstolo Santiago e de San Xoán Evanxelista. Conserva parte da portada do século XII, protexida por un soportal oxival, que se engadiu no século XV. Destacan nela os canzorros románicos sobre os que apoia o artesonado do pórtico e os dous capiteis das columnas de ambos lados. Posteriormente a portada primitiva engadíronselle diversas esculturas que hoxe compoñen o seu maior atractivo. A Virxe co Neno que se ve na clave, como colgada da arquivolta con anxos orantes, é gótica. Forma parte da escena da Anunciación ,que se completa co Arcanxo Gabriel e a virxe, en estado de xestación, a ambos lados da figura. A Torre Barroca exemplo da popularidade acadada polo modelo de campanario de igrexa de San Fiz de Solovio, foi trazada por Simón Rodríguez e construída por José Crespo en 1743. No interior merecen atención as capelas dedicadas a Cristo e a San Xosé que ten cuberta gótica, o retablo de Miguel Romay e a talla do calvario realizada polo escultor Bartolomé Fernández.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-03-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Campá gótica de Santa Maria Salomé | 1420ca | 57.00 | 107 | |
| Torre-campanario | Maior. | PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO) | 1862 | 62.00 | 138 |