Inventario de campás
Antigo Hospital e Igrexa de San Roque - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)
Referencia 6258
Referencia 6258


Descricion No alto da Rúa das Rodas, onde comeza a Rúa de San Roque, encontrámonos con este edificio orixinario do século XVI e transformado no XVIII. Ergueuse con fins asistenciais debido as epidemias de peste do século XVI, dedicándose a San Roque por ser este un dos santos máis evocados para protexer contra esta enfermidade. Do século XVI conserva a fachada renacentista atribuída a Gaspar de Arce. A súa estrutura conta con planta rectangular e un claustro de dúas galerías.
Formando conxunto co hospital, está a Igrexa de San Roque, de planta tamén rectangular e de estilo barroco. No seu interior acolle un dos máis importantes retablos de Simón Rodríguez.
Editor da ficha LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 11-12-2014