Inventario de campás
Capela de Santa María de Abades - SILLEDA (GALICIA)
Referencia 4561
Lugar de äbades, s/n.
36589 SILLEDA
Referencia 4561
Lugar de äbades, s/n.
36589 SILLEDA


Data de construción Século XII.
Descricion Templo románico, foi levantado no século XII. Edificación de planta rectangular formada por dous volumes. Muros de cachotaría e cuberta a dúas augas formada por armazón de madeira e cubrición de tella cerámica curva. Portas de acceso alinteladas, a principal enmarcada nun arco de medio punto. Fiestras oxivais nos seus alzados. Espadana de
frontón dun único corpo, formado por dous ocos en arco de medio punto para albergar as campás, sobre estes, un circular como ornamentación. Rematada en frontón triangular, quedando no seu vértice unha cruz de pedra e nos seus laterais pináculos.
Destacan as pinturas murais do seu interior e a colección de canzorros zoomorfos dun dos seus laterais exteriores. Ámbito rural formado por prados, monte alto, monte baixo e edificacións tradicionais.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 24-12-2024
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| EFE | Cuatro detenidos por el robo de campanas que se encontraban en chatarrerías | 2010 | |
| LALÍN | Buscan as campás roubadas da antiga igrexa de Abades | 2010 | |
| A VOZ | Colocarán hoxe a segunda campá da igrexa de Abades tras o seu roubo en xullo | 2011 | |
| SOUTO, Miguel / LA VOZ DE GALICIA | Roubo das campás na antiga igrexa de Abades | 2016 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Campá maior (roubada) | LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO) | 1906 | 58.00 | 115 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campa menor (1) | LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO) | 1906 | 48.50 | 67 |
| Espadana | Campá maior (2) | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 2011 | 50.00 | 72 |