Igrexa de San Xurxo - CAMARIÑAS (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Xurxo - CAMARIÑAS (GALICIA)

Referencia 3190

Rúa Virxe do Monte, 5
15123 CAMARIÑAS


Data de construción Século XVIII

Descricion Esta igrexa foi doazón dun indiano, don Domingo Antonio Rodríguez Canosa, emigrante da vila que fixo fortuna en México e que empregou os cartos nesta obra. A súa morte quedou inconclusa, mais foi rematada pola comunidade de veciños e foi aberta no 1748. Porén, o edificio enteiro no se remataría ata o ano 1805.
A fachada, construída en cantaría de granito, constitúe un dos máis fermosos exemplos arquitectónicos da comarca. De traza pentagonal, resalta o seu pano central, cun aumento da decoración volumétrica grazas ás placas. Este labor remítenos ao arquitecto santiagués Simón Rodríguez. Molduras pétreas enmarcan, ademais, os vans da fachada, coroada cun esvelto campanario de dous corpos. Esta igrexa consta dunha soa nave cun amplo cruceiro e unha capela maior. Desde esta accédese á sancristía apegada ao muro leste. Foi engadida no século XIX e conta tamén cun acceso exterior e dúas portas desde a ábsida.

Campás 2 Campás

Vídeo (Pódese ordenar por calquera dos campos)

PersoaVídeoDataDuración
Repique anunciador das festas do Carme 15-07-2021 02:25

1 Foto

Fichas das campás

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 05-07-2022

Campás actuais

LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
Torre-campanarioCampá menor (2)DÍEZ SANTAMARÍA, MOISÉS192359.00119
Torre-campanarioCampá maior (1) OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)1926103.00633