Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Viana do Bolo - VIANA DO BOLO (GALICIA)
Referencia 15753
Rúa da Eirexa, 5.
32550 VIANA DO BOLO
Referencia 15753
Rúa da Eirexa, 5.
32550 VIANA DO BOLO


Descricion O edificio presenta planta rectangular e unha severa torre de campás na súa fachada do século XIX –moi desornamentada– cuxa principal singularidade é a súa excepcional cantería e a cuberta en forma de pirámide. A arquitectura medieval do edificio orixinal, datable a finais do século XII, consérvase unicamente nos muros Norte e Sur. Neste último ábrense fiestras saeteiras estreitas e alongadas, alén dunha porta secundaria sen tímpano, hoxe tapiada, con dobre arquivolta de medio punto sobre xambas cortadas en aresta. Nesta mesma fachada meridional vemos rudos canzorriños xeométricos sustentando o aleiro, así como unha serie de ménsulas de granito que deberon soportar un pórtico de madeira.
O altar maior
Situado na cabeceira do templo e protexida por unha cuberta a catro augas de lousa, destaca pola súa localización en ángulo, consecuencia dun traslado derivado da construción dunha nova capela no muro norte da ábsida na primeira metade do s. XX.
O retablo aparece presidido pola imaxe barroca de Santa María da Asunción, e nel sobresae tamén unha imaxe dunha Virxe articulada dotada dunhas bisagras que lle permiten mover os brazos.
A destacar tamén a mesa de altar barroca labrada integramente en granito, que se presenta ricamente decorada con anxos, leóns rampantes e motivos vexetais, marianos, cristológicos e santiaguistas.
A igrexa conserva restos románicos do século X de tradición xermánica nunha orixinal fiestra de dobre arco de ferradura que podemos ver no exterior da ábsida. Os arcos aparecen divididos por unha columna monolítica cun capitel decorado con follas nervadas e un círculo central.
O arco de ferradura
É moi característico da arquitectura árabe pero aparece tamén en exemplos anteriores. En Galicia temos poucos exemplos pola feble influencia morisca, mais si aparece nalgunhas construcións como a Igrexa de Santa Comba de Bande (Ourense), ou nos restos de la Iglesia visigótica de Panxón (Nigrán, Pontevedra), ambos os do século VII e de estilo prerrománico. As fiestras xeminadas de arquiños de ferradura remiten a unha vida relixiosa eremítica datable en época altomedieval que tamén podemos denominar “suevo- visigoda”.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 02-09-2026
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| CLAVERÍA, Cristina | Beni Basalo, guardián del repique de las campanas de Viana do Bolo | 2026 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | QUINTANA, CAMPANAS | 1982 | 70.00 | 199 |
| Torre-campanario | Maior. | CABRILLO, CASA (SALAMANCA) | 1964 | 78.00 | 275 |