Igrexa de Santa Marta de Meilán - RIOTORTO (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa Marta de Meilán - RIOTORTO (GALICIA)

Referencia 15738

Lugar de Santa Marta, 11.
27745 RIOTORTO


Web

Descricion Igrexa de orixe barroca, que experimentou profundas reformas ao longo da historia. A máis profunda foi a reedificación que finalizou no ano 1954. De planta de cruz latina, confórmana muros de cachotaría de lousa e cadeirado de granito, con cuberta de lousa a dúas augas a nave, catro o cruceiro e tres a ábsida. Moi sinxela, destaca o campanario que remata o frontis, de tres corpos. O primeiro é cuadrangular, e o segundo, da mesma forma, presenta catro vans en arco de medio punto, rematando o conxunto un cupulín. No interior conserva un retablo no altar maior de estilo Barroco, Salomónico, de finais do século XVIII, conservado da igrexa antiga. Na capela lateral da dereita ten un retablo moderno.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 26-08-2026

1 Foto

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (18-08-2026)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) [https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/6345/igrexa-parroquial-de-santa-marta-de-meilan?langId=gl_ES&tp=8&ctre=31] (26-08-2026)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioRAMONPORTILLA, HERMANOS197865.00159
    Torre-campanarioMARTAPORTILLA, HERMANOS197875.00244