Igrexa de San Bartolomeu de Berrande - VILARDEVÓS (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Bartolomeu de Berrande - VILARDEVÓS (GALICIA)

Referencia 15582

Lugar de Berrande, 9.
32617 VILARDEVÓS



Descricion Igrexa dunha soa nave con forma de cruz latina e dunha altura moi elevada, de estilo barroco compostelán. Ten cuberta de tella cerámica a tres augas en cada brazo do cruceiro e no presbiterio, sobre muros de sillería regular reforzados con contrafortes laterais. A fachada presenta porta alintelada e con molduras esteadas nos ángulos, cartela e ventana rectangular enmarcada con listeis. Nos extremos ten pilastras cadradas arquitrabadas e rematadas en esbeltos pináculos. No alto ten un campanario cadrado moi estilizado, con catro ventanas de arco de medio punto, balcón abalaustrado, refundidos e placas barrocas. No alto remata nunha cúpula de pedra e unha cruz de ferro.

Campás 2 campás.

Autor
  • RÚA, Bruno (Patrimoniogalego.net) [https://patrimoniogalego.net/index.php/69912/2015/03/igrexa-de-san-bartolomeu-de-berrande/] (06-03-2015)
  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-05-2026)
  • 3 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 16-05-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.PÉREZ Y BLANCO180575.00244
    Torre-campanarioMaior.CASTAÑO, GENARO190280.00296