Igrexa de San Pedro de Castro de Laza - LAZA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Pedro de Castro de Laza - LAZA (GALICIA)

Referencia 15578

Lugar do Castro, 77.
32622 LAZA



Data de construción Século XVI.

Descricion Igrexa do século XVI de certa importancia episcopal, pola labra do pazo rectoral. A nave é rectangular, un pouco máis ancha na capela maior (tamén de máis altura), con cuberta de tella cerámica a dúas augas, que son catro no presbiterio, sobre muros de cantería. Porta alintelada con moldura acodada verticalmente e furna con estatua neoclásica sedente de San Pedro. Ocos sinxelos a ambos lados. Cornixa en frontón e espadana de dous tramos con dous e un tramo respectivamente, e rematado cun pequeno frontón triangular e cruz latina simple. Polo norte, capela saínte en frontón e pináculos en todos os vértices. Por dentro é de artesonado bo de pontóns, con catro lados na capela maior; gran retablo monumental no altar.

Campás 2 campás.

Autor
  • RÚA, Bruno (Patrimoniogalego.net) [https://patrimoniogalego.net/index.php/66492/2015/01/igrexa-de-san-pedro-de-castro-de-laza/] (04-01-2015)
  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (11-05-2026)
  • 4 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 13-05-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.CAGIGAL PEREDO, ANTONIO180277.50270
    EspadanaMaior.RUIZ, FRANCISCO ANTONIO185278.50280