Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Videferre - OÍMBRA (GALICIA)
Referencia 15565
Lugar de Videferre, 14.
32613 OÍMBRA
Referencia 15565
Lugar de Videferre, 14.
32613 OÍMBRA


Data de construción Século XVIII.
Descricion Igrexa do século XVIII cunha reforma da fachada no século XX.Ten nave con forma de cruz latina con cuberta a dúas augas nos laterais e a nave, a tres augas no altar e catro augas no cruceiro. A fachada ten unha porta con arco de medio punto, un pequeno rosetón cun tetráscele e remata nunha espadana con dous ocos e frontón triangular con óculo, coroado por unha cruz de pedra.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-05-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | RUIZ, FERNANDO | 1883 | 56.00 | 102 |
| Espadana | Maior. | RUIZ, FERNANDO | 1867 | 66.00 | 166 |