

| | Descricion |
Bonita igrexa dunha soa nave moi longa a dúas augas que só se diferencia do presbiterio, tamén a dúas augas, porque éste é un pouco máis ancho. Na parede norte ten adherida unha sancristía bastante grande. A fachada é sinxela, cunha porta arquitrabada debaixo dun óculo, e rematada en dous pináculos moi grandes, piramidais con bola, que rodean unha espadana dun só oco grande no corpo rectangular e logo dunha cornixa outro corpo triangular moldurado, franqueado por dous pináculos piramidais e coroado por unha cruz de pedra. A entrada ao adro é espectacular cunha escaleira de pedra en forma semicircular de dez chanzos. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorRÚA, Bruno (Patrimoniogalego.net) [https://patrimoniogalego.net/index.php/117965/2025/03/san-roman-de-vilaseca/] (13-03-2025) HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (06-05-2026) |
|